Escoitar

Melendi abre o programa de concertos de Vigo en Festas

Melendi será o encargado de abrir o programa de concertos de verán de Vigo en Festas, co seu novo traballo "Lágrimas desordenadas". A cita será o mércores 24 de xullo, as once da noite no Auditorio de Castrelos.

martes, 23 xul 2013
1374576034melendi.jpg.jpg
Tras 10 anos de éxitos, con máis de 1.200.000 copias vendidas dos seus cinco traballos, e concertos en toda España e Latinoamérica, o asturiano presenta o seu novo traballo "Lágrimas desordenadas", composto íntegramente por él, amosando un novo camiño na súa carreira musical.

Un novo Melendi ábrese paso a golpes de piano e guitarra sobre ese Melendi que moitos xa coñecían. Con "Lágrimas desordenadas" e o seu continuo traballo solidario xunto á Asociación Española contra o Cancro ou Save the children, por exemplo, máis a súa participación en La Voz, non pode estar máis en paz consigo mesmo. Un artista feito a si mesmo que aos seus 33 anos atópase no seu mellor momento tanto profesional como persoal da súa carreira.
Con cada disco, Melendi abre un novo capítulo na súa vida. E "Lágrimas desordenadas" é o máis maduro, completo e transmisor de emocións de todos eles.

Prezos: 6€ (máis gastos de xestión – venda anticipada) / 8€ (taquilla) – Servinova e Central de Espectáculos.
Descargar todas as imaxes

Máis información