Escoitar

O Concello decreta sete días de luto e cancela as festas en solidariedade coas vítimas de Santiago

Abel Caballero presidiu hoxe venres a concentración silenciosa na que participaron todos os grupos polítcos, ademais de traballadores públicos e cidadáns. Logo dos 5 minutos de silencio, o rexedor reiterou a súspensión de todas as actividades festivas durante unha semana.

venres, 26 xul 2013
1374840290concentracion.JPG
O alcalde de Vigo trasladou hoxe a solidariedade dos 27 concelleiros que forman a Corporación ante o "drama do tremendo accidente de Santiago" logo de gardar 5 minutos de silencio durante unha concentración silenciosa organizada na Praza do Rei. Reiterou a suspensión de todos os actos festivos durante os sete días de luto decretados en solidariedade coas vítimas. Avanzou que algúns deses actos poderían recuparerse ao longo do mes de agosto, pero matizou que o importante agora é prestar apoio aos afectados.

Caballero indiciu en Vigo amosou de novo ser unha cidade solidaria, en referencia á dispononibilidade inmediata dos bombeiros e da Polícia a achegarse ao punto do accidente, se fora preciso. Por outra banda, anunciou o aplazamento ao 5 de agosto do pleno ordinario do mes de xullo previsto para o luns 29.
Descargar todas as imaxes