O goberno local apoia con 100.000 euros a organización da feira de Conxemar en Vigo
Abel Caballero deu conta hoxe venres dun convenio de colaboración con Conxemar de 100.000 euros para apoioar que este importante evento económico siga a organizarse na cidade. Por outra banda, o alcalde rubricou un convenio con Faimevi para crear 18 postos de traballo.
A Xunta de Goberno local deu luz verde esta mañá a un convenio de colaboración con Conxemar por importe de 100.000 euros. Caballero enmarcou esta subvención "no compromiso de apoiar a celebración deste evento na cidade porque non imos consentir a competencia desdeal desde Barcelona". Neste senso, avanzou conversas coas compañías aéreas Vueling e Iberia Express para reforzar as conexións coa Cidade Condal e Madrid, respectivamente. Caballero instou á Xunta e o Ministro de Pesca a cooperar con este importante evento económico, para o que avanzou o envío dun requerimento a titular de Pesca.
Outro dos convenios aprobados na reunión semanal do goberno local foi o convenio de emprego con Faimevi. Cun importe de 180.000 euros, permtirá contratar a 18 persoas, fundamentalmente mozos e mozas cualificados.
Descargar todas as imaxes