Caballero eloxia a "creatividade e capacidade xenial" da pintora viguesa Agustina Álvarez
O alcalde, Abel Caballero, e a tenente de alcalde, Carmela Silva, acompañaron á artista viguesa na clausura da súa mostra na galería Sargadelos de Vigo. Caballero amosou a súa "gran satisfacción" pola primeira exposición en Vigo de Álvarez en 30 anos.
Abel Caballero subliñou a "creatividade e capacidade xenial" da viguesa Agustina Álvarez, na clausura da súa exposición "Expresando coa Cor", na galería Sargadelos desde o pasado 5 de xullo.
O alcalde manifestou a súa "gran satisfacción" pola primeira mostra da pintora en Vigo en trinta anos e invitou a Agustina Álvarez a participar no ciclo Mostrarte, no que artistas vencellados á cidade amosan o seu traballo nas dependencias municipais da Alcaldía.
Descargar todas as imaxes