Escoitar

Grupos vigueses trasladan ao alcalde o seu "agrado" polo funcionamento de Vigosónico

Abel Caballero recibiu hoxe xoves a 25 músicos que ensaian na instalación municipal de Vigosónico, en Valladares, que trasladaron ao alcalde a súa "satisfacción" polo funcionamento do recinto, segundo indicou o alcalde. Unha representación destes grupos actuarán nas festas de verán.

xoves, 1 ago 2013
1375357746vigosonico.JPG
Caballero revelou que 105 grupos ensaian actualmente en Vigosónico, máis de 300 persoas empregan esta instalación habilitada polo Concello en Valladares, o que reflicte un "éxito espectacular" do mesmo.

O alcalde apuntou que os concertos que ofrecerán grupos que ensaian no Vigosónico na Praza da Constitución, dentro do programa de festas de verán da cidade, completa o "ciclo" que ofrece o Concello, iniciado con espazo para ensaiar.
Descargar todas as imaxes