Escoitar

A Semana Infantil, Vigosónico e o ciclo de Bandas, protagonistas da semana

Este luns, 5 de agosto, continúan as actividades da programación Vigo en Festas co comezo do xa tradicional Ciclo de Bandas, os concertos de Vigo Sónico e a Semana Infantil, con obradoiros, animación e rutas polo centro histórico da cidade

venres, 2 ago 2013
1375442177festas2013.jpg
O Ciclo de bandas continúa este luns coa actuación da banda As Delicias do Caeiro, os concertos continuarán todos os días ás 20.00 horas na Praza da Princesa ata o 13 de agosto. A Unión musical de Cabral, a Atlántida de Matamá, e a Unión musical de Valadares serán algunhas das protagonistas.

Ademais a Semana da Mocidade comeza cos concertos de Vigosónico. Funky Monkeys Radio e Tincho Fernández serán os encargados de abrir unha serie de actuacións que terán lugar na Praza da Constitución, ás 22.00 horas, desde 5 ao 8 de agosto.

A Semana Infantil dará comezo tamén o vindeiro luns día 5 de agosto con diferentes actividades. A Pirata Babi e os Buscatesouros será a encargada de organizar rutas polo centro histórico que sairán ás 18.00 horas desde a Praza do Berbés, do 5 ao 10 de agosto. Ademais a Semana Infantil trae máis actividades por diferentes puntos da cidade. Obradoiros de manualidades, xogos "Un mundo de xogos" e animacións con "Benito e Rufina" levaranse a cabo nos seguintes puntos:

29 e 30 de xullo: Praza da Independencia
31 de xullo e 1 de agosto: zona peonil do Calvario
2 e 3 de agosto: Alameda de Bouzas, dende a 18 ás 21 horas.
Descargar todas as imaxes