Escoitar

Sábado de festas gastronómicas e concerto da Coral Casablanca

A coral Casablanca ofrecerá mañá sábado 3 de agosto ás 23 da noite, no Auditorio de Castrelos, un concerto onde o cine será o protagonista. Ademáis a Festa da Sardiña abrírá o ciclo adicado ás festas gastronómicas, na Carballeira da Guía a partir das 10 da mañá.

venres, 2 ago 2013
Un ano máis, a carballeira do Monte da Guía acollerá a Festa da Sardiña, continuando coa tradición que comezaba en 1988, cando se celebraba por primeira vez esta degustación gastronómica nese monte. O Concello de Vigo organiza este encontro dentro do seu programa de Vigo en Festas, e no cal os asistentes poderán gozar dun longo día de comida, bebida e unha animada verbena, dende as 10.00 horas.

A xornada do sábado complétase coa actuación da coral Casablanca. Fundada no ano 1957 no Convento dos Pais Capuchinos, no barrio vigués do mesmo nome, logo dos seus primeiros pasos musicais, a Coral Casablanca, intégrase no Circulo Mercantil e Industrial de Vigo en 1966.
Nestes anos a coral pasou por escenarios de toda a península e media Europa: Galicia, Portugal, Asturias, Euskadi, Aragon, León, Canarias, Cataluña, Madrid, Alacante, Bélxica, Francia e Alemaña.
A Coral Casablanca é a máis antiga, en activo, da cidade de Vigo e a máis laureada de Galicia.

No concerto, protagonizado por 130 coristas e 50 membros da orquesta, interpretaránse pezas de filmes clásicos como "Almorzo con diamantes" ata temas máis actuais como "O Señor dos Aneis". Obras que xa forman parte do imaxinario colectivo cos que faran gozar ás distintas xeracións. A entrada será libre ata completar aforo.