Escoitar

O goberno de Vigo adica 3,8 millons para humanizacións no centro e nas parroquias

Segundo deu conta este vernes Abel Caballero, o Concello encargou a redacción dos proxectos de mellora e aprobou humanizacións nas parroquias de Teis, Cabral, O Calvario, Lavadores e Sárdoma, e en Camelias, Esperanto, Couto Piñeiro, Marqués de Valterra, na Cordoeira, Ferreiros, Hispanidade e Jenaro de la Fuente.

venres, 2 ago 2013
1375444699alcalde4.jpg
A Xunta de Goberno Local acordou este venres encargar a redacción de proxectos de renovación de redes de sanemento e abastecemento no casco urbano e nas parroquias, e aprobou distintos proxectos de humanización de rúas na cidade, por valor total de 3.779.000 euros.

Segundo informou Caballero, o Concello encarga redactar proxectos de reforma en Cabral, Lavadores e Sárdoma -por 143.000 euros-, en Teis -por 467.000 euros- e no Calvario -por 213.000 euros-. Xunto a estas parroquias, o goberno de Vigo tamén autoriza a redacción de reformas en Marqués de Valterra -por 49.000 euros-, en Couto Piñeiro -por 70.000 euros-, Esperanto -por 59.000 euros-, Cordoeira -por 204.000 euros- e a segunda fase de Camelias -por 1.673.000 euros-.

Por outra banda, o executivo local proxectos de humanización en Ferreiros, por 285.000 euros, dentro da primeira fase de Bouzas, en Jenaro de la Fuente por 200.000 euros e a mesma cantidade para a remodelación da Avenida da Hispanidade, entre Gran Vía e a rúa Zamora.

Axudas á rehabilitación
O alcalde de Vigo tamén informou, tras a sesión da Xerencia municipal de Urbanismo desta mañá, da concesión de axudas por 60.000 euros para a rehabilitación de catro edificios e dez vivendas do Casco Vello e do barrio histórico de Bouzas, para un investimento total próximo aos 85.000 euros.

A sesión tamén deu conta da concesión de 35 licencias de obras e 9 de actividade por parte de Urbanismo, para un investimento total superior aos dous millóns de euros.
Descargar todas as imaxes