xoves, 8 ago 2013
O alcalde saudou este xoves aos participantes neste evento multidisciplinar de deporte e cultura urbana que ten lugar este fin de semana en Vigo, dentro do programa de festas de verán do Concello. Abel Caballero subliñou a calidade do mesmo e garantiu a súa celebración en Vigo nos próximos anos.
xoves, 8 ago 2013
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentaron este xoves a nova web, incluída na municipal www.vigo.org, que inclúe información sobre instalacións, programas e eventos deportivos. Entre as principais melloras, o goberno de Vigo habilita a reserva das pistas vía Internet.
xoves, 8 ago 2013
A Concellería de Cultura e Festas organiza, dentro do programa cultural A Noite Branca, a exposición "NOWHERE. Propostas fóra de lugar", que se inaugura na Casa das Artes o 9 de agosto e que estará aberta ao público ata o 8 de setembro. A exposición está comisariada por David Barro e conta coa participación dos artistas Jesús Madriñán, Fluzo, Suso Fandiño, Pelucas, Beatriz Lobo, Armando G. e Nacho Alonso.
xoves, 8 ago 2013
O venres día 9 levarase a cabo "A Noite Branca", con visitas guiadas, exposicións e concertos nos diferentes museos do Concello de Vigo.Esta actividade está promovida pola Concellería de Cultura e Festas e encadrado dentro do programa "Vigo en Festas". A iniciativa "A Noite Branca", que se desenvolverá durante o venre, dende as oito da noite ata as dúas da madrugada, pretende salientar o patrimonio a as actividades dos diferentes centros que forman parte da Rede Museística e Expositiva do Concello de Vigo.
O actor Ángel Simón muda nun decimonónico guía de museo para facer unha visita guiada dramatizada pola Colección Permanente da Fundación Laxeiro
xoves, 8 ago 2013
O día 9 de agosto, ás 24.00h e, dentro do programa Noite branca, organizado polo concello de Vigo, a Fundación Laxeiro ofrecerá unha visita guiada á Colección permanente, da man do actor Ángel Simón (Ferrol, 1967) quen, convertido nun vetusto guía-conservador de museo que vive na Fundación Laxeiro dende o século XIX, ofrecerá un divertido percorrido polas sesenta e catro obras que conforman a Colección permanente, comentando detalles e anécdotas das obras máis importantes da Colección, interaccionando co público asistente e contando tamén detalles e anécdotas da vida de Laxeiro.