Escoitar

O Concello mellora a web de Deportes e habilita a reserva online das instalacións deportivas

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentaron este xoves a nova web, incluída na municipal www.vigo.org, que inclúe información sobre instalacións, programas e eventos deportivos. Entre as principais melloras, o goberno de Vigo habilita a reserva das pistas vía Internet.

xoves, 8 ago 2013
1375964335web.JPG
Durante a presentación, celebrada este xoves na galería de Alcaldía ante numerosos representantes do deporte vigués, tanto Abel Caballero como Manel Fernández apuntaron á "transparencia" que ofrece esta nova ferramenta, un exercicio de "eficacia e eficiencia".
Descargar todas as imaxes