Vigo estrea A Noite Branca
O venres día 9 levarase a cabo "A Noite Branca", con visitas guiadas, exposicións e concertos nos diferentes museos do Concello de Vigo.Esta actividade está promovida pola Concellería de Cultura e Festas e encadrado dentro do programa "Vigo en Festas". A iniciativa "A Noite Branca", que se desenvolverá durante o venre, dende as oito da noite ata as dúas da madrugada, pretende salientar o patrimonio a as actividades dos diferentes centros que forman parte da Rede Museística e Expositiva do Concello de Vigo.
A oferta, aberta a todo tipo de público, realízase seguindo criterios de gratuidade, participación da cidadanía, sostibilidade e novidade. O programa basease na ampliación do horario normal de funcionamento dos seguintes centros: Museo "Quiñones de León", Verbum-Casa das Palabras, Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego", Casa Galega da Cultura, Casa das Artes, Fundación Laxeiro, MARCO-Museo de arte contemporánea de Vigo, Museo Liste-Etnográfico de Vigo e CAT-Centro de Artesanía Tradicional. Ademáis a programación complétase cunha serie de actividades paralelas:
- Visitas guiadas, nos horarios indicados, tanto nos centros museísticos e expositivos como no xardín histórico do Pazo-Museo "Quiñones de León".
- Visitas teatralizadas no Museo "Quiñones de León" e na Fundación Laxeiro.
- Inauguración de exposicións: "NOWHERE. Propostas fóra de lugar"", na Casa das Artes.
- Concertos musicais na Casa das Artes (Fluzo-19:30 h e Dj Javier Álvarez-00:00 h), no xardín da solaina de Concepción Arenal do Pazo de Castrelos (Orquestra VIGO 430, 21:00 h), na terraza do Verbum-Casa das Palabras (GazzFunkdation e Antía Otero, 22:00 h) e no contorno do Marco-Príncipe-rúa Londres (V-go!Negro Son Coro&The V-Goers Soul Train e Mr. Vudú, 23:00 h).
Ademais, ofertarase un bus turístico con guía turística oficial, con saídas ás 21:00 h (Porta do Sol con destino ao Museo "Quiñones de León", con parada no Verbum) e ás 23:00 h (á inversa, parando tamén no Verbum); o prezo será de 2 € ida ou volta, e de 3 € para o billete de ida e volta.
Por último, as asociacións de comerciantes do Casco Vello e da zona Progreso sumaranse a esta iniciativa coa apertura dos seus establecementos nese horario.
Descargar todas as imaxes