Caballero eloxia a actuación do Consorcio do Casco Vello, que rehabilitará a fachada do Berbés
O alcalde, Abel Caballero, e o conselleiro de Territorio, Agustín Hernández, presentaron este mércores o plan de actuación do Consorcio do Casco Vello -participado pola Xunta e polo Concello- para 2013-2017, que completará a rehabilitación da zona alta e comezará coa Ribeira do Berbés, actuación proposta polo goberno de Vigo.