Escoitar

O alcalde esixe á Xunta que interveña para evitar a folga dos traballadores de POVISA

Abel Caballero apuntou hoxe mércores que "a Xunta non se pode lavar as mans" no conflicto laboral de Povisa porque por lei é a responsable da atención sanitaria. Aínda que é un hospital privado, puntualizou, hai 80.000 usuairos vigueses que verán mermada a calidade dos servizos se arranca a folga avanzada polos representantes sindicais.

mércores, 7 ago 2013
1375880957povisa.JPG
O alcalde de Vigo insta á Xunta a actuar e mediar no conflicto laboral do Policlínico de Vigo Sociedade Anónima (Povisa) porque a tensión dos traballadores xa xenera deficiencias na prestación sanitaria. Na súa opinión, a folga anunciada polos sindicatos para o día 19 de agosto, vai repercutir nos 170.000 usuarios do centro hospitalario, dos que 80.000 son vigueses. "A Xunta non se pode lavar as mans e desatender este problema", porque aínda que é un hospital privado, a responsabilidade da atención sanitaria e autonómica e os destiñatarios dos servizos son vigueses polo que como alcalde, "esixo á Xunta que interveña nese conflito para paralizar a folga", engadiu.

Por outra banda, o alcalde criticou a decisión política de enviar aos forzas de seguridade contra os lexítimos representantes dos traballadores que onte se achegaron de xeito pacífico ao edificio da Xunta a solicitar unha reunión. Cualificou de "intolerable" que as libertades se coarten deste xeito.
Descargar todas as imaxes