Escoitar

O alcalde enfatiza que a amortización de débeda permite ao Concello aforrar un millón nun ano

Abel Caballero reiterou hoxe martes que Vigo é o Concello de réxime común menos endebedado de España. Onte, ademais deuse un novo paso nesa dirección ao aprobar unha amortización anticipada de crédito por valor de 16,7 millóns.

martes, 6 ago 2013
1375793288alcalde6.jpg
Abel Caballero explicou hoxe martes que a amortización de débeda anticipada aprobada no pleno de onte por valor de 16,7 millóns permitirá ás arcas municipais aforrar un millón ao ano en intereses. Esta partida, matizou, segundo a lexislación vixente non se usar máis que para amortizar débeda "xa que se se poidera usar para políticas sociais ou de emprego, xa o teríamos feito". Nestes momentos a débeda do Concello é de 39 millóns, un 17,2% do orzamento, mentres que, exemplicou, en Madrid ascende a 6.500, é dicir, 166 veces superior á cifra de Vigo, multiplciando so por 10 a poboación. Na súa comparecencia reiterou que Vigo é o Concello de España de rexime común menos endebedado algo "algo polo que a cidade se sinte orgullosa".
Descargar todas as imaxes