Escoitar

Comeza este martes o Festival Folclórico Internacional

A Concellería de Cultura e Festas en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc presenta o XIX Festival Folclórico Internacional que terá lugar do 6 ao 11 de agosto. O festival, incluído dentro do programa Vigo en Festas, celebrará a súa programación en diferentes lugares da cidade. O acto central será o día 9 de agosto no Auditorio Mar de Vigo, ás 22.00 horas.

luns, 5 ago 2013
1375705401festfolk.jpg
O Festival Folclórico Internacional comezará o día 6 de agosto ás 21.30 horas coa actuación do grupo Venezolano "Fundación Danzas Cantaclaro" e o ruso "Conxunto de Danzas Uzory da cidade de Alexandrov", no Centro Veciñal e Cultural Valadares, ademais percorrerá outros barrios (Candean, Beade e Bembrive), e contará con diferentes animacións na rúa. No acto central, que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo o día 9 de agosto ás 22,00 horas, actuarán todos os grupos participantes no festival. Todas as actuacións son de entrada libre.

Grupos Participantes: Conxunto de Danzas Uzory da cidade de Alexandrov (Rusia), Fundación Danzas Cantaclaro (Venezuela), S'eixam Mallorqui (Balears), Grupo Danzarín (Arxentina), Asociación folclórica Corisco, Agrupación folclórica Danzas Galegas, Escola de Danza do Concello de Vigo.

Acto central – 22.00 horas:

9 de agosto - Auditorio do Pazo de Congresos

Actuacións por barrios – 21.30 horas

6 de agosto – CVC Valadares: Conxunto de Danzas Uzory da cidade de Alexandrov + Fundación Danzas Cantaclaro.

7 de agosto – Alameda de San Andrés de Comesaña: Fundación Danzas Cantaclaro + Grupo S'eixam da cidade de Mallorca.

8 de agosto – Pavillón de Candeán (UVCD Candeán): Conxunto de Danzas Uzory da cidade de Alexandrov + Grupo S'exiam da cidade de Mallorca.

10 de agosto – AVCU-CSCR Beade: Fundanción Danzas Cantaclaro + Grupo S'eixam da cidade de Mallorca.

11 de agosto – SCDR Helios de Bembrive: Conxunto de Danzas Uzory da cidade de Alexandrov + Fundación Danzas Cantaclaro.
Descargar todas as imaxes