luns, 5 ago 2013
A sesión plenaria deste luns acordou por unanimidade unha declaración institucional que reclama da Xunta de Galicia e do Goberno de España a adopción de medidas para asegurar o porvir do sector, ao tempo que declara "persona non grata" ao comisario europeo da Competencia e pide a súa dimisión.
luns, 5 ago 2013
A Concellería de Cultura e Festas en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc presenta o XIX Festival Folclórico Internacional que terá lugar do 6 ao 11 de agosto. O festival, incluído dentro do programa Vigo en Festas, celebrará a súa programación en diferentes lugares da cidade. O acto central será o día 9 de agosto no Auditorio Mar de Vigo, ás 22.00 horas.
luns, 5 ago 2013
As invitacións para a Opera, L'ELISIR D'AMORE" de Gaetano Donizetti , que terá lugar o sábado 10 de agosto ás 21:00 no auditorio do Pazo de Congresos, dentro do programa Vigo en Festas, poderánse recoller a partir do día de hoxe, luns 5 agosto, en horario de 9 a 13.30 horas, no servizo municipal de Festas (1º andar da Casa do Concello, Praza do Rei 1).