O goberno local asumirá as reparacións nas instalacións deportivas do Seis do Nadal
Tras unha reunión, Caballero garantiu este martes que o Concello asumirá a "posta a punto" das instalacións deportivas do centro pese a ser "competencia da Xunta de Galicia". O alcalde denunciou a "desatención" autonómica ante unha "situación seriamente deficiente".
O Concello de Vigo asumirá a reparación das instalacións deportivas do Seis do Nadal, en "situación seriamente deficiente" pola "desatención" da Xunta de Galicia, competente na materia, "ás instalacións deportivo educativas da cidade".
Tras unha reunión celebrada hoxe martes, o recinto presenta deficiencias "estruturais" no graderío e problemas cos focos e as canastras. "Asumiremos desde o Concello a posta a punto desta instalación deportiva", explicou Caballero, quen resaltou o "apoio" municipal ao Seis do Nadal pola "importancia" do "traballo".
Descargar todas as imaxes