Escoitar
O actor Ángel Simón muda nun decimonónico guía de museo para facer unha visita guiada dramatizada pola Colección Permanente da Fundación Laxeiro

A FUNDACIÓN LAXEIRO presenta CADROS DUNHA EXPOSICIÓN<br /> Unha visita guiada dramatizada por ÁNGEL SIMÓN<br />

O día 9 de agosto, ás 24.00h e, dentro do programa Noite branca, organizado polo concello de Vigo, a Fundación Laxeiro ofrecerá unha visita guiada á Colección permanente, da man do actor Ángel Simón (Ferrol, 1967) quen, convertido nun vetusto guía-conservador de museo que vive na Fundación Laxeiro dende o século XIX, ofrecerá un divertido percorrido polas sesenta e catro obras que conforman a Colección permanente, comentando detalles e anécdotas das obras máis importantes da Colección, interaccionando co público asistente e contando tamén detalles e anécdotas da vida de Laxeiro.

xoves, 8 ago 2013
1375960008angelsimon.jpg
Cadros dunha exposición, que así se titula o proxecto, é un percorrido rigoroso pola evolución artística de Laxeiro e as súa conexións cos diferentes movementos que, ao longo do século XX marcaron a evolución da pintura contemporánea. Ángel Simón guiará esa viaxe polo século XX, mudado, non se sabe se en Merlotil (un dos alter-egos de Laxeiro), un Laxeiro chegado do trasmundo, do máis alá, en toco caso, unha presenza esperpéntica na que reverberan ecos do rico mundo imaxinario do pintor, no que se mesturan realidade e ficción, nun continuo que vai construíndo todo o seu universo pictórico.

Ángel Simón é un experimentado actor que aparece no teatro profesional en 1999, tras diplomarse no Taller de Movemento e Voz de María del Mar Navarro e Andrés Hernández en Madrid, seguindo a pedagoxía de Lecoq e Roy-Hart. Alí toma especial interese polo traballo de coro e os universos imaxinarios da máscara. Dende entón ven desenvolvendo o seu labor como actor, dramaturgo e director nos grupos MU Teatro y Cía. Lumière Fugitive, dos que é membro fundador, e colaborando tamén con outras compañías como Thêatre-Sans-Frontières (UK) ou Ultramarinos de Lucas. Ten presentando pezas de Beckett, Bernhard, Bulgákov, Cervantes, Chejov, Dürrenmatt, García Lorca e Harold Pinter, e levado aos escenarios a súas propias composicións.
Descargar todas as imaxes