Pleno da Corporación
O Pleno aproba unha Conta Xeral que revela que Vigo ten a menor carga fiscal das cidades galegas
martes, 26 xul 2016A Corporación de Vigo aprobou este martes a Conta Xeral do Concello do 2015, cos votos do grupo de goberno, a oposición do PP e a abstención da Marea de Vigo. O edil de Facenda defendeu que o documento conclúe que Vigo obtivo superavit, a menor presión fiscal das cidades galegas e débeda cero, ao tempo que o Concello promove a maior política social e de investimentos de Galicia.
O Concello de Vigo, entre os mellores de España no pago aos proveedores
martes, 26 xul 2016A sesión plenaria deste martes tomou coñecemento do informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos de pago no segundo trimestre deste ano, onde o Concello de Vigo se sitúa á cabeza das cidades españolas ao abonar oito días antes do inicio dos trinta días de periodo legal previsto.
A Corporación insta á Zona Franca a priorizar a ampliación do PTL e o Polígono de Balaídos
martes, 26 xul 2016O Pleno municipal solicitará á Zona Franca que priorice a ampliación das zonas industriais de Vigo a través dunha moción que defendeu o grupo socialista e que contou coa abstención do PP e de Marea.
A unanimidade dos grupos solicita a apertura dunha comisión de investigación polo accidente de Angrois
martes, 26 xul 2016Os tres grupos políticos amosaron esta mañá o seu apoio á Plataforma de Vítimas do Alvia 04155 ao solicitar que se encarguen dúas comisións -unha técnica e outra política- para esclarecer o accidente do 24 de xullo de 2013. Trátase do accidente ferroviario máis grave da democracia española, no que morreron 81 persoas e resultaron feridas 145.
O Concello suma 145.000 euros de apoio ao fútbol base da Fundación Celta de Vigo
luns, 4 xul 2016A proposta elevada polo goberno de Vigo ao Pleno da Corporación deste luns foi ratificada polos tres grupos políticos. O edil de Facenda, Jaime Aneiros, subliñou o "importante" apoio que o Concello adica este ano ao deporte de base, que defendeu en termos de saúde e formación persoal.
O Pleno insta ao Goberno de España a solucionar na AP9 os problemas de entrada á cidade
luns, 4 xul 2016Na sesión plenaria deste luns quedou aprobada tamén a moción socialista de demandar ao Ministerio de Fomento e ADIF que soliciten á Xunta de Galicia a tramitación do proxecto da estación do AVE co mecanismo previsto na modificación da Lei do Solo para os proxectos de excepcional interese público. Ademais, os socialistas sacaron adiante a súa proposta para instar ao Goberno Autonómico a dote dos medios necesarios á Atención Primaria.
O Pleno insta á Xunta a habilitar as residencias militares de a ETEA como vivendas sociais
luns, 30 mai 2016A maioría da Corporación deu luz verde á proposta socialista de habilitar como vivendas sociais as residencias militares de a ETEA. Na sesión plenaria desta mañá tamén se acordou reclamar á Xunta a implementación dun programa similar ao plan de axudas a familias que está a desenvolver o Concello, cun orzamento de 2,4 millóns. <br />
A Corporación aproba o novo regulamento do Pleno, "máis avanzado en transparencia"
luns, 30 mai 2016A aprobación definitiva do novo regulamento orgánico do Pleno vigués saíu adiante este luns cos votos do goberno de Vigo e a negativa de PP e Marea. Carlos Font defendeu un texto "máis avanzado en transparencia", que inclúe o 35% das emendas presentadas e que "garante o desempeño das funcións dos concelleiros"