Pleno da Corporación
O alcalde convoca un pleno extraordinario para tratar o accidente de O Marisquiño
venres, 24 ago 2018Abel Caballero informou este venres de que o vindeiro 7 de setembro haberá un pleno extraordinario no que se tratará o accidente ocorrido o pasado día 12 durante o festival de O Marisquiño. Ademais, sinalou que a oficina de atención aos afectados estará aberta o luns.
O Pleno aproba a ordenación provisional para desbloquear o 24% do urbanismo vigués
mércores, 18 xul 2018A Corporación deu luz verde á aprobación inicial deste instrumento, que fará posible levar adiante o desenvolvemento urbanístico de 23 millóns de metros cadrados, case que a cuarta parte da cidade. Así o expuxo a concelleira de Urbanismo, María José Caride, antes da votación, apoiada polo goberno de Vigo e o PP, coa oposición de Marea.
O Concello reclama o mantemento da pediatría no Centro de Saúde de Coruxo
mércores, 18 xul 2018En representación da AVV de Coruxo, Eva Alonso interveu este mércores ante o Pleno para solicitar o apoio dos grupos políticos no mantemento da praza de pediatría no centro de saúde. Todos os partidos apoiaron a demanda e o alcalde de Vigo avanzou "mobilizacións" para "reverter" a situación.
O Pleno solidarízase coas auxiliares de enfermería e apoia a súa defensa da sanidade pública
mércores, 18 xul 2018Marea e o grupo de goberno de Vigo, coa abstención do PP, aprobaron a moción presentada polos primeiros para trasladar a solidariedade da Corporación coas auxiliares de enfermería do Álvaro Cunqueiro e o seu rexeitamento as "coaccións" exercidas pola dirección do hospital ás traballadoras. Instan á xerencia a retirar os expedientes e devolver á concesionaria a función de traslado da roupa sucia dos pacientes.
Vigo cede solo para un centro de ensino e atención a usuarios con parálise cerebral
mércores, 18 xul 2018A unanimidade do Pleno deu luz verde este mércores á cesión gratuíta á Asociación Amencer-Aspace de máis de 6.000 metros cadrados en Bembrive. A construción é resultado da colaboración do Concello, a entidade e a Fundación Amancio Ortega e atenderá a case 150 persoas.
O Concello volve situarse á cabeza de España no prazo de pago aos provedores
mércores, 18 xul 2018O Pleno tomou coñecemento este mércores dos prazos de pago rexistrados no segundo trimestre do ano, onde o Concello abonou as súas facturas en 11 días en abril, 9 en maio e 12 días en xuño, o período máis breve de España segundo os datos oficiais. A Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) tamén recoñeceu a Vigo como a administración mellor pagadora do país.
A sesión plenaria vespertina reproba a Ana Pastor por paralizar o AVE por Cerdedo e valora o compromiso dado por Pedro Sánchez
mércores, 18 xul 2018Os votos do grupo municipal socialista serviron para aprobar unha moción na que insta á deputada Ana Pastor a asumir responsabilidades políticas "por ter obstaculizado" a tramitación do AVE Vigo-Madrid en conexión directo por Madrid. Ademais, saíu adiante unha emenda de engadega para recoñecer ao Goberno de Pedro Sánchez o seu compromiso coa Alta Velocidade e coa peaxe de Redondela.
A Corporación de Vigo pide á Xunta 5,3 millóns para apoiar a cultura e as festas da cidade
mércores, 27 xuñ 2018O Pleno Municipal aprobou dúas mocións do grupo socialista nas que se insta ao goberno autonómico a poñer en marcha convenios anuais equivalentes aos firmados co Concello de Santiago. Ademais, saíu adiante outra proposta reclamando á Consellería de Sanidade a garantir a asistencia pediátrica no Centro de Saúde de Coruxo.