O alcalde convoca un pleno extraordinario para tratar o accidente de O Marisquiño
Abel Caballero informou este venres de que o vindeiro 7 de setembro haberá un pleno extraordinario no que se tratará o accidente ocorrido o pasado día 12 durante o festival de O Marisquiño. Ademais, sinalou que a oficina de atención aos afectados estará aberta o luns.
A Corporación Municipal de Vigo celebrará o vindeiro 7 de setembro un pleno extraordinario para debater sobre o accidente ocorrido durante o festival de O Marisquiño. Así o avanzou este venres o alcalde de Vigo, Abel Caballero, antes de explicar que o próximo luns abrirá a oficina de atención aos afectados.
"Hai algún grupo político que tamén o vai a solicitar, paréceme perfecto", explicou o rexedor durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. Caballero sinalou ademais que agora mesmo a atención aos afectados estase a levar a cabo a través do teléfono 986 810101, pero desde luns tamén haberá atención persoal nunha oficina da planta baixa do Concello, polo que recomendou pedir cita previamente.
Paseo de Bouzas
Noutro orden de cosas, o alcalde explicou que desde este xoves está restrinxido o paseo de madeira de Bouzas como medida preventiva ata que se se faga unha revisión completa da zona. "O resto do paseo en terra firma está aberto, pero esta zona está valada ata que técnicos do Concello reúnanse con técnicos do Porto e de Zona Franca para falar desta cuestión", sinalou.
Caballero explicou que o Concello xa ten aberto desde hai tempo un expediente para a reparación da madeira en superficie, pero que vai a pararse ata saber cal é a situación exacta. "Ese paseo hoxe non se podería facer sen varandas que o separe do mar", indicou.