luns, 20 agosto 2018

O alcalde subliña o crecemento do bus ao aeroporto, que pode superar os 50.000 usuarios este ano

luns, 20 ago 2018

A liña de autobús urbano que atende ao aeroporto de Vigo superou os 5.000 usuarios en xullo e os 27.000 nos primeiros sete meses do ano. Abel Caballero estimou que as cifras do 2018 superarán os anos anteriores e recordou que a Xunta adica 340.000 euros ao bus que conecta Santiago con Lavacolla e nada en Vigo: "non porque esteamos acostumados deixa de ser grave".

Caballero di que o Campionato de Vigo de tenis amosa a "amabilidade, as formas e a deportividade" do deporte da raqueta

luns, 20 ago 2018

A 77 edición do Campionato de Vigo de tenis, IX Memorial Antonio Santorio dispútase dende hoxe luns e ata o domingo 2 no complexo deportivo municipal de Samil para categorías de benxamín a veterán. O "campionato afeccionado máis antigo de España", segundo explicou o alcalde da cidade, Abel Caballero, contará con máis de 300 participantes e aínda ten aberta a inscrición para os cadros de dobres, polo que haberá máis dos 200 partidos xa previstos.