Escoitar

O Concello habilita canles de atención e asesoramento para os afectados polo afundimento no Porto

Caballero anunciou a próxima creación dun gabinete de atención psicolóxica e dunha oficina de orientación a vítimas e familiares, ademais de manter o 986810101 con atención as 24 horas. Este luns, o alcalde agradeceu persoalmente a "profesionalidade e heroicidade" dos corpos de seguridade que actuaron na noite do domingo, recoñecemento que fixo extensivo aos sanitarios, 061 e hospitais.

venres, 17 ago 2018
1534510836gardacivil.jpg
O Concello de Vigo ultima os trámites para habilitar un gabinete de atención psicolóxica para as vítimas e afectados polo accidente e unha oficina no Concello de orientación para o que precisen -obxectos perdidos, xestións administrativas, asesoramento xurídico, etcétera-.

Así informouno esta mañá o alcalde, quen recordou que sigue habilitado o teléfono 986810101 de atención aos afectados, un punto de información e atención unificado que está dispoñible as 24 horas do día.

O alcalde recibiu este luns na Alcaldía aos membros da Policía Local, Bombeiros e Protección Civil, e visitou á sede da Policía Nacional e da Garda Civil para trasladar o seu agradecemento e recoñecemento polo traballo "excepcional" realizado na noite do domingo, cando un peirao portuario se afundiu durante un concerto do festival O Marisquiño. Caballero estivo acompañado pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, o delegado de Zona Franca, David Regades, a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, o segundo tenente de alcalde vigués, Javier Pardo, e o concelleiro de Seguridade en funcións, Ángel Rivas.

O alcalde, que logo da visita aos corpos de seguridade visitaba novamente aos feridos que continúan ingresados na cidade -tres no Álvaro Cunqueiro e un en Santiago-, eloxiou a "profesionalidade e heroicidade" dos efectivos de seguridade, que foron "máis aló do cumprimento do seu deber". Caballero fixo extensivo o seu agradecemento aos sanitarios que atenderon in situ aos feridos e tamén recoñeceu o desempeño dos distintos hospitais. O seu agradecemento foi "moi especial" ao 061, cuxo traballo foi "magnífico".
1534510836gardacivil.jpg
1534510845polinacional.jpg
1534510852concello.jpg
Descargar todas as imaxes