Escoitar

Vigo bate o seu récord de turistas nos sete primeiros meses do presente ano

As cifras de turismo rexistradas ata o mes de xuño en Vigo apuntan a un novo incremento da chegada de visitantes e a un récord total con 229.000 visitas e 440.000 pernoctas. O alcalde valorou os datos e destacou que "a cidade xa foi capaz de ter a súa propia pata turística" ata converterse "no segundo lugar máis visitado de Galicia" grazas ás Cíes.

venres, 24 ago 2018
Abel Caballero ofreceu este venres os rexistros de turistas acadados en Vigo durante o xullo. Así, a finais de xullo a cidade logrou bater un novo récord de visitas na súa historia, posto que nos sete primeiros meses a chegada de turistas creceu un 0,33%.

"Xa parecía imposible, porque 2017 foi excepcional, pero seguimos crecendo", sinalou o alcalde. Segundo os datos, en xullo houbo 229.000 visitas a Vigo e 440.000 pernoctas, de maneira que a cuarta parte do turismo da provincia e o 10 por cento de Galicia visitou Vigo.

Caballero destacou que Vigo xa foi capaz de ter "a súa propia pata turística" e explicou que a cidade "necesitaba este desenvolvemento" para complementar os sectores da industria, automoción, naval, I+D, pesca e empresas.

"Esta pata turística significa miles e miles de empregos, somos o segundo lugar máis visitado de Galicia grazas ás Cíes e vamos no bo camiño, na boa dirección", explicou.