O Pleno do Concello reclama á Xunta lealdade institucional na identificación das obras de mellora na cidade

luns, 26 mai 2025

O Pleno da Corporación de Vigo acordou hoxe, cos votos a favor do grupo socialista, a abstención do PP e a negativa dos edís do PP, instar á Xunta a respectar a lealdade e legalidade institucional, e a que non “oculte” a participación das administracións nas obras que se realizan na cidade, nin “patrimonialice” o financiamento dos proxectos nos carteis informativos institucionais que se instalan en cada unha das intervencións.

O Concello reclama á administración galega que incremente a financiación do Servizo de Axuda no Fogar

luns, 26 mai 2025

O Pleno do Concello acordou este martes, cos votos a favor do grupo municipal socialista, a abstención do BNG e a negativa do PP, reclamar á Xunta que incremente o financiamento do Servizo de Axuda no Hogar. Con 1.600 usuarios na actualidade, a administración galega mantén conxeladas desde 2020 as horas asignadas a Vigo, segundo explicou a concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar.

Manifesto polo Día Internacional do Pobo Xitano

luns, 28 abr 2025

O Pleno ordinario do mes de abril acolleu a lectura do manifesto con motivo do 8 de abril e da conmemoración dos 600 anos de presenza do pobo xitano na Península ibérica, a cargo de Marina Pereira dos Anjos e Andrea Jales Bastos, en representación da Fundación Secretariado Xitano.

O Pleno de Vigo urxe á Xunta a ceder ao Concello unha parcela para un novo aparcadoiro gratuíto no Cunqueiro

luns, 31 mar 2025

O Pleno Municipal aprobou hoxe, cos votos a favor dos concelleiros do PSOE e do BNG, dúas mocións presentadas polo grupo socialista para urxir á Xunta a cesión ao Concello dunha parcela para construír o segundo aparcadoiro gratuíto e a poñer en marcha un plan para rebaixar as listas de espera cirúrxicas e de consultas. A Corporación tamén aprobou as dúas mocións dos grupos socialista e nacionalista en apoio da manifestación en defensa da Sanidade Pública convocada para o vindeiro domingo 6 de abril.