Escoitar

A Corporación aproba unha modificación orzamentaria de 15,6 millóns para "seguir mellorando a cidade"

O pleno da corporación aprobou hoxe sendas modificacións orzamentarias do Concello e da Xerencia de Urbanismo por valor de 15.659.000 euros, realizadas con remanentes de tesourería. Este expediente saíu adiante co voto a favor do grupo municipal socialista e o rexeitamento dos edís do PP e do BNG,

luns, 30 mar 2026

O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, explicou este luns que dos 15,6 millóns de euros das modificacións orzamentarias, 10,9 correspóndense cos investimentos do Concello e outros 4,7 millóns , incluiranse nas contas da Xerencia de Urbanismo. Estas partidas, indicou, estarán destinadas a política social, de vivienda, cultura, deporte e humanizacións, entre outras cuestións.

O edil detallou que 1.175.000 euros destinaranse ao Servizo de Axuda no Fogar. A este investimento hai que sumar os dous millóns adicados á adecuación de vivendas para alugar; 1 millón para o edificio de Esturans, tamén para alugueiro, e outro millón para expropiacións previstas no PXOM. “Estes dous millóns supoñen máis que o que ten a Xunta para toda Galicia”, remarcou o voceiro socialista.

Os investimentos en Educación contemplan 80.000 euros adicionais aos xa programados para a Escola Municipal de Bembrive, que se atopa en proceso de licitación. No ámbito de protección do patrimomio destinaranse 70.000 euros adicionais a arranxar o centro municipal de distrito de San Roque e a mellorar centros culturais municipais e asociacións veciñais. A ampliación orzamentaria tamén se destinará a mellorar os accesos a praias como a do Cocho. 

O concelleiro destacou o investimento de 1,3 millóns de euros para a exposición sobre Julio Verne, así como a escultura que se realizará en homenaxe ao xogador do Celta, Iago Aspas.

Os proxectos na área de Deportes inclúen finalizar a cubrición da pista deportiva de Zamáns e o campionato europeo de policías e bombeiros.

O Concello avanzará nas humanizacións das rúas Lepanto, Serafín Avendaño, Pablo Iglesias, Pintor Colmeiro, Pintor Lugrís, e na contorna de Gran Vía así como na estrada Beade-Garrida, ademais de arranxar a zona axardinada da nova praza Fernando Elorrieta Rey ou na praza Camilo José Cela.

O primeira tenente de Alcaldía, Carmela Silva, destacou que os recursos adicionais extraordinarios acordados hoxe, contribúen a transformar a cidade “como nunca”. Afirmou que “en Vigo realízase o que nunca se fixo en ningún outro concello de Galicia” e lembrou nos doce anos de goberno do PP, a Xunta construíu apenas 60 vivendas de promoción pública.

Descargar todas as imaxes