O Concello reforza o programa "Vigo Inclusivo" con 600 novas prazas en actividades artísticas
O Concello amplía o seu programa "Vigo Inclusivo" co lanzamento de novas actividades baixo o nome de “Vigo Arte Inclusiva”, unha iniciativa que contará con 600 novas prazas de ocio educativo para persoas con diversidade funcional. O obxectivo é fomentar a inclusión social e facilitar a conciliación das familias durante períodos non lectivos,
O Concello, dentro do "Vigo inclusivo" organiza actividades de ocio e educativas para persoas con diversidade funcional, programadas, principalmente, en períodos no lectivos para facilitar la conciliación familiar. Este proxecto de inclusión social vén de ser reforzado coa proposta “Vigo Arte Inclusiva 2026”, que supón 600 novas prazas e propón novidosas actividades relacionadas co mundo da arte.
"Vigo Arte Inclusiva" contará con tres tipos de actividades durante todo o ano. Segundo detallou o alcalde, nos meses de xullo e agosto organizaranse campamentos de verán, con 150 prazas repartidas en tres quendas. As chamadas "Mañás de arte" contarán con 90 prazas adaptadas a diferentes idades e terán lugar un sábado ao mes no Pazo de Raposeira. Por último, os espectáculos familiares chegarán da man de dous concertos de música ao ano -en maio e en setembro - previstos no Centro Municipal de Distrito de Teis. Cada evento musical terá capacidade para 265 asistentes.