Caballero convoca un pleno extraordinario para abordar a necesidade de que o Porto de Vigo sexa Nodal

luns, 10 mar 2025

O Pleno debaterá, entre outros asuntos, sobre a constitución dun grupo de traballo integrado polo Ministerio de Transportes, a Xunta de Galicia, o Concello e o Porto co fin de elaborar as propostas que se trasladarán á Comisión Europea para modificar a metodoloxía de declaración de Portos Nodais. O alcalde reclama que se teñan en conta cuestións tales como "o valor da mercadoría, o valor engadido que xeran as mercadorías que se cargan e descargan nos portos, a cantidade de produtos de alimentación e a súa capacidade de exportación”.

Lola Galovart promete o seu cargo ante o Pleno como Valedora da Cidadanía

luns, 24 feb 2025

O Pleno Ordinario do mes de febreiro acolleu este luns o acto de formalización do seu nomeamento coa promesa de fidelidade no desenvolvemento do cargo: “Prometo desempeñar fielmente as miñas funcións como Valedora da Cidadanía de Vigo”, dixo Lola Galovart, que inicia unha nova etapa na entidade logo da renuncia de Luis Espada, que estivo 22 anos exercendo esta responsabilidade ao servizo da cidade.

O Pleno proclama a "tolerancia cero" fronte á violencia que sofren os sanitarios e urxe á Xunta a incrementar os medios

luns, 24 feb 2025

A Corporación aprobou hoxe, cos votos a favor dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e do BNG, e a negativa dos edís do PP, a moción defendida pola terceira tenente de alcalde Elena Espinosa que proclama a “tolerancia cero” do Concello de Vigo fronte á violencia, tanto física como verbal, que padece o persoal sanitario e que demanda á Xunta aumentar a dotación de medios para evitar as potenciais agresións.