A Corporación amosa o seu apoio á autovía Vigo-O Porriño en túnel
A proposta socialista defende a nova autovía como unha “solución” aos datos de sinistralidade da vía, que obrigaban “desde hai anos a tomar medidas”. Saíu adiante coa abstención do PP e o voto en contra do BNG.

O voceiro socialista, Carlos López Font, explicou na sesión plenaria deste luns que a nova autovía entre Vigo e O Porriño en túnel é unha “solución” aos “incuestionables” datos de sinistralidade da vía que “obrigaban desde hai anos a tomar medidas” e puxo en valor o proxecto desenvolvido polo Ministerio de Transportes como que ten un investimento previsto aproximado de 400 millóns de euros. Nestes momentos, o proxecto está en fase de estudo das alegacións que se presentaron.
A moción socialista pide ao Pleno o apoio ao proxecto de construción da nova autovía A52 Vigo-Porriño en túnel. Foi aprobada cos votos favorables dos socialistas, a abstención dos populares e o voto en contra dos nacionalistas.