Abel Caballero louva a crecente importancia da ciberseguridade no congreso VICON 2025
O rexedor olívico participou este venres na xornada inaugural da cita, celebrada no Círculo de Empresarios de Galicia. O VICON 2025 congregará as principais voces do sector, que ofrecerán os seus coñecementos e experiencias aos asistentes. Caballero agradeceu o traballo que desenvolve o sector e defendeu o incremento na inversión en ciberseguridade, ante un mundo cada vez máis conectado e a evolución das guerras modernas.



