Charla "Mulleres con historia"

martes, 11 out 2011

O ciclo "Mulleres con Historia" centrará a próxima charla en Sofía Casanova (1861-1958), escritora, poeta e xornalista. A sesión presentada pola profesora Rosario Martínez será o xoves 13, ás 19 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas, servizo adscrito á concellería de Igualdade.

A mostra "Con A de astrónomas" na Casa das Mulleres

venres, 7 out 2011

A exposición presenta un percorrido polo papel da muller na Astronomía, a través dunha serie de paneis nos que se tratan os principais fitos da Astrofísica, onde o papel da muller foi fundamental desde a antigüidade ata os nosos días. A mostra pódese visitar durante todo o mes de outubro na Casa das Mulleres, rúa Romil 20.

Comeza o II ciclo de charlas sobre mulleres de discurso feminista "Mulleres con historia"

mércores, 5 out 2011

O xoves día 6 comenza o II ciclo de charlas sobre mulleres con discurso feminista programado polo Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. Ás 19 horas a profesora Pilar Allegue Aguete falará sobre Concepción Arenal, unha das figuras máis relevantes do século XIX en España, tanto no plano intelectual como social, renovadora do pensamento sobre os conceptos de igualdade e liberdade.

A Casa das Artes acolle a exposición "Emigración de Mujeres Valientes"

xoves, 15 set 2011

Do 15 ó 30 de setembro, a Casa das Artes amosa una nova exposición "Emigración de Mujeres Valientes" do Instituto da Muller , Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade coa que se quere contrinuir a completar un capítulo importante na vida de España dos séculos XIX e XX. Na inauguración estará a Secretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Caballero asina un convenio para fomentar o traballo en mulleres en risco de exclusión social

luns, 18 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a directora do Instituto da Muller, Laura Seara, asinaron hoxe luns un convenio dirixido a incrementar a empregabilidade das mulleres en situación ou risco de exclusión. Caballero, quen recordou que a igualdade e, xunto co emprego, un dos piares do Goberno municipal, amosou a súa satisfacción pola incoporación de Vigo ao "Programa Clara", no que xa están inscritos outros concellos como Sevilla ou Oviedo.