Escoitar

Caballero asina un convenio para fomentar o traballo en mulleres en risco de exclusión social

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a directora do Instituto da Muller, Laura Seara, asinaron hoxe luns un convenio dirixido a incrementar a empregabilidade das mulleres en situación ou risco de exclusión. Caballero, quen recordou que a igualdade e, xunto co emprego, un dos piares do Goberno municipal, amosou a súa satisfacción pola incoporación de Vigo ao "Programa Clara", no que xa están inscritos outros concellos como Sevilla ou Oviedo.

luns, 18 xul 2011
1310993207seara.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a directora do Instituto da Muller, Laura Seara, asinaron hoxe luns, un convenio para fomentar o traballo de mulleres en situación ou risco de exclusión social, nunha iniciativa que "demostra a vocación do Gober no Central de cooperar con Vigo", indicou o rexedor. O "Programa Clara", que se desenvolverá entre 2011 e 2012, está dotado de 70.000 euros, dos que a Administración central aporta 66.000 euros e o Concello, 4.000. Caballero amosou, durante a súa intervención, a súa satisfacción pola posta en marcha dunha iniciativa da que poderán disfrutar 55 mulleres viguesas e recordou que a igualdade é, xunto co emprego, un dos eixos do Goberno municipal "tal e como demostra a sinatura deste convenio"

O "Programa Clara" está destiñado a mulleres maiores, mulleres víctimas de violencia de xénero, mozas con cargas familiares non compartidas, mulleres con discapacidade, entre outras, segundo explicou Laura Seara. Na súa opinión, a base desta iniciativa é aportar ferramentas que permitan desenvolver itinerarios personalizados, "que despois tracen as liñas que van marcar a futura inserción laboral". A directora do Instituto da Muller aproveitou a súa presenza en Vigo para lanzar unha mensaxe "contundente", asegurando que falar de igualdade é falar de xustiza social e, "en tempos de crise, de eficiencia económica". Na mesma liña, subliñou a importancia de trasladar esta idea a toda a clase empresarial e amosou certo optimismo ao sinalar que o ano pasado o "34 por cento dos convenios de carácter nacional incluiron planos de igualdade". Coa incorporación ao "Programa Clara", Vigo súmase a cidades tan imporantes, como Sevilla, Oviedo, Ourense, Miranda de Ebro ou Palencia.
Descargar todas as imaxes