Escoitar

O Eixo Atlántico solicita unha moratoria das peaxes en Portugal ata que se solucionen os problemas técnicos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu hoxe venres a comisión executiva do Eixo Atlántico, que acordou solicitar ao Goberno portugués unha moratoria para evitar os pagos "mentras non se resolvan os problemas técnicos das peaxes" no país veciño. Os muncipios deste organismo decidiron tamén reclamar máis seguiridade para os transportistas e seguir reivindicando a importancia do AVE para a Eurorrexión.

venres, 15 xul 2011
1310748091eixo.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres a decisión do Eixo Atlántico de solicitar ao Goberno portugués unha moratoria que evite o pago das peaxes mentras "non se solucionen os problemas técnicos, que xeneran moito desconcerto nos usuarios". O rexedor, que presidiu a comisión executiva do Eixo Atlántico, trasladou a coincidencia de todos os alcaldes ao cualificar estas peaxes como "un factor retardatario da cohesión do territorio" e un impedimento que "xera confusión ata o punto de que retrae a moitos posibles viaxeiros que non saben como facerse cargo deses pagos". Nesta liña, indicou que lle van transmitir ao Gobero portugués dúas solucións técnicas, das moitas posibles, para que "á maior brevidade a xente poida viaxar con toda seguridade."

Outro dos temas abordados no encontro foi a situación de inseguridade que denuncian algúns transportistas da Eurorrexión. A este respecto, Caballero anunciou que se van poñer en contacto cos ministros de Interior dos dous países para que "de forma conxunta e coordinada actúen o antes posible para solucionar esta situación que, aínda que incipiente, podería ter repercusións económicas negativas para a zona".

Por último, os membros do Eixo Atlántico se reafirmaron "no carácter estratéxico" do tren de alta velocidade Oporto-Vigo-A Coruña, unha conexión que o alcalde de Vigo definiu como clave "na vertebración do territorio e na revolución nas distancias". Logo de aclarar que se fan cargo da difícil situación económica do país luso, recordou que o Goberno Central mantén a súa previsión de investimento, tanto é así que, se acaba de licitar o tramo que vai de O Porriño a Tui. Asimesmo, Caballero destacou a importancia de mellorar as frecuencias e as tempos de demora do tren tradicional e avanzou que o Eixo vai seguir a reclamar unha conexión polo interior. Rematou anunciando a intención de solicitar unha entrevista co ministro de Transportes luso, una solicitude prantexada desde a concordia porque "non somos unha plataforma de confrontación senón un grupo de municipios solidarios e comprometidos coa cohesión do territorio e cooperación cos gobernos. "Defendemos iniciativas fundamentais para un área de 7 millóns de cidadáns que ten moito que dicir", concluiu.
Descargar todas as imaxes