luns, 11 xullo 2011

O alcalde participou na comisión executiva da FEMP, que datou para setembro a elección dos novos órganos de goberno

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este luns a Madrid para participar na sesión da Comisión Executiva da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), onde acordouse convocar a décima Asamblea Xeral Ordinaria da entidade, da que sairán elixidos os novos órganos de goberno da mesma. A Executiva estudou os detalles da organización e acordou que esta transcorra nunha soa xornada, respondendo a criterios de austeridade e aforro.