venres, 15 xullo 2011

O alcalde compromete o apoio de Vigo para consolidar o proxecto de NGC Banco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladoulle hoxe venres a Julio Fernández Gayoso, José Luis Pego e José María Castellano o apoio do Goberno municipal para que se consolide un "proxecto financeiro estratéxico para a actividade económica de Vigo e a súa área de influencia". Logo de manter un encontro moi "cordial" cos xestores da entidade, o rexedor explicou que durante a entrevista analizaron os elementos vencellados co desenvolvemento financeiro do banco que se constituirá en setembro.

Caballero subliña que a apertura ao tráfico de Areal da "un novo paso" cara ao remate da humanización da rúa

venres, 15 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este venres a Areal, que abriu hoxe ao tráfico o treito entre a rotonda da paellera e o cruce con Inés Pérez de Ceta, tras un ano pechada polos traballos de construción do aparcadoiro. A apertura permitirá a circulación en dobre sentido cun carril de circulación, que duplicará a súa capacidade en outubro, data prevista para a inauguración da humanización en superficie e do aparcadoiro soterrado.

O Eixo Atlántico solicita unha moratoria das peaxes en Portugal ata que se solucionen os problemas técnicos

venres, 15 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu hoxe venres a comisión executiva do Eixo Atlántico, que acordou solicitar ao Goberno portugués unha moratoria para evitar os pagos "mentras non se resolvan os problemas técnicos das peaxes" no país veciño. Os muncipios deste organismo decidiron tamén reclamar máis seguiridade para os transportistas e seguir reivindicando a importancia do AVE para a Eurorrexión.