martes, 12 xullo 2011

O alcalde convoca ao Consello Económico e Social da cidade para analizar e respaldar ao naval vigués

Á solicitude das tres centrais sindicais, Abel Caballero anunciou este martes a reunión do Consello Económico e Social de Vigo para o próximo luns, 18 de xullo, ás 17 horas, para analizar a situación actual do "estratéxico e irrenunciable" sector naval tras a suspensión do sistema de bonificacións fiscais aos asteleiros. O alcalde agarda o acordo do CES para "dar apoio" ao naval vigués.

Caballero garante "cooperación absoluta" á Autoridade Portuaria e aos usuarios do Porto para chegar a acordos

martes, 12 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este martes cos responsables da Federación de Usuarios do Porto de Vigo, entrevista tras a que garantiu o "apoio absoluto" do goberno municipal ás iniciativas portuarias "coa única limitación da lei". O rexedor avogou por chegar a acordos tanto coa Autoridade Portuaria como cos usuarios para que o Porto "supere as dificultades", algo que definiu de "imprescindible" en tempos difíciles.

Vigo acollerá o XX Congreso Nacional de Auditoría no mes de novembro

martes, 12 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe martes o XX Congreso Nacional de Auditoría que no mes de novembro aglutinará na cidade a cerca dun millar de expertos. Esta edición presenta como novidade a presencia de auditores portugueses, o que suporá que Vigo será sede dunha importante cumbre de ámbito económico en outono.

Abel Caballero confía en levar ao Pleno de xullo o expediente que permita iniciar as obras de construcción do albergue municipal

martes, 12 xul 2011

O antigo edificio da Escola de Hostelería, onde irá ubicado o Centro de Inclusión Social, presenta unha calificación incompatible co uso para albergue, e o alcalde anunciou que o expediente administrativo de desafección do terreo está preparado e agarda que poida levarse ao próximo Pleno da Corporación, este mes de xullo. Caballero datou para inverno o funcionamento da instalación do Berbés.

Feira no verán cambia de datas e amplía o seu horario ás tardes en xullo e en agosto

martes, 12 xul 2011

Coa chegada da época estival, FEIRA, o mercado de produtos tradicionais e ecolóxicos organizado polo Centro de Artesanía Tradicional do Concello de Vigo, cambia as súas datas de celebración, adaptándose ás novas esixencias climáticas e aos costumes estivais da cidade. Os sábados 16 de xullo e o 13 de agosto, son os días elixidos para desenvolver unha nova proposta de mercado para estes meses ampliando a súa oferta ás tardes.