martes, 19 xullo 2011

O alcalde anuncia que o Centro internacional de Ensinanzas da UNED, exclusivo de Vigo, operará no segundo cuatrimestre do próximo curso

Tras unha reunión co diretor do campus do noroeste da UNED, Abel Caballero anunciou que a apertura do Centro internacional de Vigo está prevista para o segundo cuatrimestre do próximo curso 2011-2012. O primeiro paso será a constitución do Consorcio Universitario, que xa conta coa participación da UNED e do Concello vigués, á falta dunha resposta á invitación cursada á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia. Caballero avanzou que invitará a institucións privadas do ámbito económico e social.

Caballero mediará co Goberno de España para que Defensa e Innovación teñan en conta a "altísima tecnoloxía" da empresa UtilVigo

martes, 19 xul 2011

O alcalde de Vigo mantivo na mañá deste martes unha reunión cos responsables desta empresa de capital íntegramente vigués, que elabora pezas de "altísima tecnoloxía" e emprega a entre 30 e 50 traballadores. Caballero indicou que o goberno de Vigo intermediará cos ministerios de Ciencia e Defensa para que teñan en conta á empresa viguesa, especializada en producción para a Armada e para o sector da automoción.

O Valedor do Cidadán será o encargado de ler o pregón do Día de Galicia

martes, 19 xul 2011

O Valedor do Cidadán, Luis Espada, será o responsable de ler o pregón do Día de Galicia, nun acto que se celebrará o venres ás oito da tarde en Castrelos. Segundo avanzou este martes o alcalde de Vigo, Abel Caballero, nesta edición se suprimirá o tradicional cátering, nuna decisión de aposta pola austeridade acorde "cos tempos de crise que estamos a vivir".