O alcalde ofrece colaboración "leal e sincera" ao novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistiu este luns á toma de posesión do anterior edil municipal Ignacio López-Chaves como novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, tras ser nomeado pola Xunta de Galicia. Caballero subliñou que o Porto é "central" para a urbe e merece "todos os esforzos" polo que tendeu á man a López-Chaves para traballar por unha etapa "máis brillante e duradera".

luns, 18 xul 2011
1310993135puerto.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofrecer este luns a colaboración "leal e sincera" do Concello que dirixe ao novo presidente da Autoridade Portuaria da cidade, o ex edil municipal Ignacio López-Chaves.

O rexedor municipal, no acto de xura do cargo celebrado esta mañá na Estación Marítima, explicou que o Porto de Vigo é un elemento "central" para a primeira cidade de Galicia, tras o que tendeu a man a López-Chaves nunha "oferta sincera, decidida e leal" para que o antigo concelleiro municipal "inicie unha etapa máis brillante e duradera" na Autoridade Portuaria viguesa.
Descargar todas as imaxes