venres, 22 xullo 2011

O alcalde comprométese á rehabilitación da fachada do Berbés neste mandato

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres o compromiso do Goberno de rehabilitar a fachada do Berbés, continuando cos traballos de conservación desenvolvidos desde a Oficiña de Rehabilitación da Xerencia de Urbanismo e que desde hoxe poden contemplarse nunha exposición situada en dependencias municipais. Segundo relatou o rexedor, na última década investíronse máis de 17 millóns de euros nunhas 700 actuacións na cidade de Vigo.

Caballero cifra en 800.000 euros o orzamento municipal deste ano para sufragar as axudas de comedor dos escolares

venres, 22 xul 2011

Tras a Xunta de Goberno Local, o alcalde informou da aprobación do convenio con FOANPA, nais e pais de alumnos, polo que o Concello achega 476.000 á entidade para realizar actividades extraescolares e completar as becas de comedor que concede o goberno de Vigo. O importe destinado no orzamento de 2011 ao efecto ascende a uns 800.000 euros, case o triple que catro anos atrás. O alcalde ratificou o seu compromiso de conceder as axudas a todos os escolares que o precisen e cumpran os requisitos.

O Concello remite á Xunta de Galicia o proxecto de construción do parque temático de Castrelos

venres, 22 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres a aprobación en Xunta de Goberno Local da remisión do proxecto municipal de construción dun novo parque temático no Parque de Castrelos. O rexedor explicou que o goberno local require da Consellería de Cultura que informe sobre a ubicación desta iniciativa, ao estar catalogado como Ben de Interese Cultural.

Abelairas presentou o Festiclown 2011, no que participarán talentos como Leo Bassi e Illana

venres, 22 xul 2011

A edición deste 2011 do tradicional Festiclown, dentro das Festas de Verán, terá lugar do 26 ao 31 de xullo, e este ano destaca o carácter "solidario". A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, apuntou que a recadación "íntegra" do Festiclown, sugrado polo Concello, irá para a proposta lúdica "Risas que cambian o mundo", para os máis pequenos de Palestina. Abelairas asegurou que "a solidariedade do pobo de Vigo vaise notar".