Escoitar

Abelairas presentou o Festiclown 2011, no que participarán talentos como Leo Bassi e Illana

A edición deste 2011 do tradicional Festiclown, dentro das Festas de Verán, terá lugar do 26 ao 31 de xullo, e este ano destaca o carácter "solidario". A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, apuntou que a recadación "íntegra" do Festiclown, sugrado polo Concello, irá para a proposta lúdica "Risas que cambian o mundo", para os máis pequenos de Palestina. Abelairas asegurou que "a solidariedade do pobo de Vigo vaise notar".

venres, 22 xul 2011
1311340248isaura.JPG
A concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, presentou hoxe venres a nova edición do Festiclown, que traerá a Vigo talentos como Leo Bassi e Illana.

Abelairas retoma o festival "cunha ilusión moi grande" tras deixalo pechado o anterior concelleiro de Cultura, Xesus López. Explicou a edil que a recadación vai íntegra a "Risas que cambian o mundo", un festival que se celebra en Palestina. Abelairas afirmou que a "solidariedade do pobo de Vigo vaise notar" e avanzou que "nos implicamos directamente na coordinación e supervisión" do evento para que a recadación sexa remitida "íntegra" a Palestina.

Festiclown contará con obradoiros de teatro no Instituto Camoes e a Gala Solidaria por Palestina, o próximo 28 de xullo ás 22 horas no Auditorio Municipal. Haberá programación con seccións para todos os públicos e para todos os gustos, como o Formaclown, que leva "doce anos traendo a Galicia aos mellores artistas e profesores", segundo indicou a responsable do evento, e que está a desbordar a demanda.
Descargar todas as imaxes