Videoforum da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos
O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle o xoves 16 de xuño ás 18.0 horas a proxección do filme: "Pequena Miss Sunshine". O acto está organizado pola Rede de Mulleres Vecinñais contra os malos tratos e colabora a Concellería de Igualdade.
Sinopse
Os Hoover son unha familia conflitiva: o avó esnifa cocaína, o pai fracasa estrepitosamente dando cursos para alcanzar o éxito, a nai non da abasto, o tío recupérase dun suicidio frustrado tras ser abandonado polo seu noivo, o fillo adolescente le a Nietzsche e garda un mutismo absoluto. E Olive, a filla pequena, unha nena gafotas e lixeiramente gordinflona, quere ser unha raíña da beleza. Cando, grazas a un golpe de sorte, é convidada a participar no competitivo concurso de 'Pequena Miss Sunshine, en California, acompáñaa toda a familia. Hacinados nunha oxidada furgoneta Volkswagen, diríxense cara ao Oeste nun trágicómico periplo de tres días. O debut de Olive producirá nesta familia de inadaptados un cambio que nunca imaxinasen.
Directores: Jonathan Dayton, Valerie Faris
Descargar todas as imaxes