Proxección do documental "Un Mar de Mulleres" no Punto Xove
O colectivo GAC7-Grupo de Acción Costeira da Ría de Vigo-A guarda e Astropenta Medio Ambiente presentan o xoves 16 de xuño ás 19.00 horas o documental "Un mar de mulleres" no Punto Xove.
![1308051293marinera.jpg 1308051293marinera.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1308051293marinera.jpg)
Contido: Un Mar de Mulleres é un proxecto de divulgación que tenta trasladar a situación da muller no ámbito laboral do mar nas costas da Ría de Aldán, Ría de Vigo e Baixo Miño. Este proxecto quere dar a coñecer os diversos oficios que elas realizan a pé de mar, dende as cubertas das embarcacións e as rochas percebeiras, ata a unión nas asociacións e os despachos dirixentes, dalgunha maneira, visualizar que cada día avanza nas nosas costas un Mar de Mulleres que impulsa a pervivencia e continuidade do sector produtivo mariño.
Lugar: Punto Xove, Rúa López de Neira 27.
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo.
Descargar todas as imaxes
Lugar: Punto Xove, Rúa López de Neira 27.
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo.