O Concello agarda licitar en dous meses a nova Avenida de Madrid logo de recibir o convenio asinado por Fomento

xoves, 10 out 2019

Asinada por José Luis Ábalos, o Ministerio remitiu a addenda ao convenio de humanización da Avenida de Madrid, por importe de 13,4 millóns dos que Fomento abonará case que nove, segundo informou este xoves Abel Caballero. O Concello agarda poder licitar a obra nuns dous meses, unha vez o Ministerio envíe o proxecto de trazado e conclúa o proxecto construtivo.

Abel Caballero considera "sólido" o proxecto para un ferri entre Vigo e Inglaterra e Irlanda

luns, 30 set 2019

O alcalde de Vigo recibiu este luns aos responsables da iniciativa para por en marcha unha liña marítima de mercancía e pasaxe entre a cidade e Inglaterra e Irlanda. Caballero sinalou que o proxecto é "sólido" e ofreceu o apoio do Concello tras manter unha xuntanza con Javier Castro, de Incargo Galicia; Miguel Arcos, do Grupo Estela Shipping, e Amador Castro, director de desenvolvemento do proxecto.