xoves, 21 feb 2019
Abel Caballero quixo deixar constancia oficial do recoñecemento ao Goberno Central por ter incluído a conexión Vigo-León dentro do Corredor Atlántico. Na súa opinión, este proxecto -con dotación orzamentaria - permitirá ao territorio gañar en competitividade ao permitir sacar as mercadorías desde o Porto cara ao resto de Españe e máis Europa.
mércores, 6 feb 2019
O alcalde denunciou que, en xaneiro de 2015, a anterior titular de Fomento meteu "nun caixón" a realización do obrigado estudo hidroxeolóxico do Vigo-Ourense por Cerdedo, que vén de licitar o actual Goberno de España. "Feijóo e Pastor pararon o tren de Alta Velocidade de Vigo a Madrid directo por Ourense", asegurou. <br />
martes, 5 feb 2019
O Boletín publica hoxe martes a licitación do estudo e seguimento hidrolóxico do Vigo-Ourense por Cerdedo, "moi importante" para a cidade pois "desbloquea" o AVE directo. Abel Caballero celebrou este primeiro paso "fundamental" para a liña, logo de "sete anos metido nun caixón" polo anterior Goberno de España.
martes, 5 feb 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou a visita que o arquitecto Thom Mayne fixo o pasado luns á cidade para pasar revista ao deseño da nova Estación de Urzaiz. A solución ás propostas do rexedor para integrar a fachada da vella estación e o novo elevador estarán listas no prazo dun mes.
venres, 25 xan 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres que a vindeira semana enviará o proxecto básico da reforma da bancada de Marcador ao Celta e a Augas de Galicia para poder licitar a obra en verán. O rexedor tamén sinalou que esta nova tribuna terá un total de 6.700 asentos, polo que aumentará en 100 butacas a súa capacidade.
martes, 22 xan 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes as instalacións da empresa Termavi no Porto de Vigo. Acompañado polo presidente da compañía, Eduardo Davila, o rexedor vigués fixo un percorrido polo peirao de Guixar, onde Terminales Marítimas de Vigo opera na carga e estiba de colectores marítimos.
mércores, 16 xan 2019
O alcalde informou este mércores de que enviou unha carta á Xunta de Galicia solicitando a cesión ou venta dunha parcela situada xunto al Hospital Álvaro Cunqueiro. A intención do Concello é construír un segundo aparcamento gratuíto na zona ante o "abuso e escándalo" do parking da concesionaria do centro médico.
venres, 16 nov 2018
Durante o acto simbólico de inicio das obras Abel Caballero amosou a súa satisfacción despois de "dez anos de perseveranza sabendo que o iamos conseguir" e eloxiou a "xenialidade" do deseño arquitectónico de Thom Mayne.
luns, 12 nov 2018
A terminal viguesa rexistrou o pasado mes de outubro un total de 106.639 pasaxeiros, o que supón un incremento de case o dez por cento respecto ao mesmo mes do ano 2017.
venres, 2 nov 2018
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a clasificación de ofertas para a execución dos traballos que supoñerán a creación de dous novos pavillóns deportivos. Amais deu luz verde ás axudas a once deportistas vigueses de alto nivel por valor de 26.000 euros.