Escoitar

O alcalde celebra que o BOE "desbloquea" o AVE directo Vigo-Madrid por Cerdedo

O Boletín publica hoxe martes a licitación do estudo e seguimento hidrolóxico do Vigo-Ourense por Cerdedo, "moi importante" para a cidade pois "desbloquea" o AVE directo. Abel Caballero celebrou este primeiro paso "fundamental" para a liña, logo de "sete anos metido nun caixón" polo anterior Goberno de España.

martes, 5 feb 2019
1549373851ave.JPG
O rexedor saudou con "gran satisfacción" a publicación do anuncio de licitación, que supón o "desbloqueo" dunha liña que o goberno presidido por Mariano Rajoy tivo "sete anos metida nun caixón". Caballero agarda que a señora Pastor, anterior ministra de Fomento, tome "algunha decisión política" por "paralo" e que o señor Núñez Feijóo, presidente da Xunta, se desculpe coa cidade por "presionar" e preferir o desvío a través de Santiago.

"Fálase no BOE", asegurou Abel Caballero, quen agradeceu ao goberno de Pedro Sánchez este primeiro paso "fundamental" para a liña directa do AVE a Madrid, "un dos grandes sonos desta cidade".
Descargar todas as imaxes