A ministra de Industria, Comercio e Turismo visita o Casco Vello e coñece o traballo dos estaleiros
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, guiou este luns á ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, no seu percorrido pola cidade. A titular da carteira ministerial coñeceu os encargos que realiza o Estalaeiro Armón para Nueva Pescanova e tamén visitou o Casco Vello da cidade. Máis tarde, o rexedor foi o encargado de presentar a conferencia que a titular de Industria ofreceu no Círculo de Empresarios de Galicia.
