O paso da borrasca "Helena" deixa en Vigo medio centenar de incidencias

O alcalde sinalou este venres que a Policía Local rexistrou medio centenar de incidencias e que, por fortuna, non houbo danos persoais nin materiais de gravidade. <br />

venres, 1 feb 2019
A borrasca "Helena" deixou ata agora ao seu paso por Vigo medio centenar de incidencias nas que non houbo que lamentar danos persoais ni materiais de gravidade. Así o sinalou o alcalde, Abel Caballero, na súa comparecencia este venres ante os medios de comunicación.

"Son incidencias menores, con colectores, mesas ou cadeiras tiradas", explicou o rexedor. Entre as 12:00 horas do mediodía do xoves e as catro da madrugada do venres rexistráronse un total de 50 incidencias, na súa maioría colectores tirados na vía pública, árbores ou ramas caídas, muros con desprendementos, tapas do sumidoiro levantadas ou pequenas inundacións.