martes, 5 febreiro 2019

O Concello de Vigo aproba a súa Memoria de Transformación Dixital

martes, 5 feb 2019

A Xunta de Goberno Local aprobou a Memoria de Transformación Dixital do Concello de Vigo que supón mellorar a calidade dos servizos públicos e a conexión con outras administracións públicos ou compañías privadas. O alcalde, Abel Caballero, destacou o avance no proxecto de 5G coa empresa Vodafone.

O alcalde mostra o seu apoio ao labor da Asociación Española contra o Cancro de Vigo

martes, 5 feb 2019

Abel Caballero visitou este martes a mesa informativa que a entidade instalou no Farol de Urzáiz xunto a unha exposición de retratos de persoas que padecen cancro e dos seus familiares. O obxectivo é convidar á sociedade viguesa a que descubra as emocións desta realidade. O rexedor trasladoulles o apoio do seu goberno ás actividades e ao labor que desenvolven na cidade