O Concello de Vigo aproba a súa Memoria de Transformación Dixital
A Xunta de Goberno Local aprobou a Memoria de Transformación Dixital do Concello de Vigo que supón mellorar a calidade dos servizos públicos e a conexión con outras administracións públicos ou compañías privadas. O alcalde, Abel Caballero, destacou o avance no proxecto de 5G coa empresa Vodafone.
O Concello de Vigo aprobou na Xunta de Goberno Local do pasado 31 de xaneiro a súa Memoria de Transformación Dixital. O alcalde, Abel Caballero, avanzou que a iniciativa permite dar calidade aos servizos e estar en contacto con outras administracións ou compañías privadas.
"Supón mellorar a calidade dos servizos, a articulación de relacións electrónicas con todas as administracións públicas, estamos na plataforma LexNet, e iniciamos o proxecto de 5G con Vodafone, entre outros", sinalou o alcalde.
O obxectivo da aprobación é impulsar, coordinar e implicar a todas as áreas e servizos municipais no proceso global de transformación dixital para que sexa verdadeiramente útil. Segundo explicou o rexedor, esta transformación fará sustentable o constante proceso de innovación e mellora na calidade dos servizos públicos.