mércores, 7 abr 2021
Xa son 16 os concertos confirmados dentro do Terraceo 2021, un cartel ao que se seguirán sumando artistas nas próximas semanas. Entre outras actuacións, destaca a de Os Resentidos presentarán no Auditorio Mar de Vigo o seu primeiro álbum desde 1993.
mércores, 31 mar 2021
O goberno de Vigo presentou a moción no Pleno deste mércores, que conseguiu o respaldo de todos os grupos salvo do Partido Popular, que se abstivo. O texto solicita do executivo de Feijóo unha achega ao festival “acorde á contribución económica que xera para Vigo e para Galicia”.
venres, 8 xan 2021
O alcalde avanzou esta mañá que as luces de Nadal apagaranse ás 19,00 h do próximo domingo 10 de xaneiro. Será nun acto solemne organizado en Policarpo Sanz con aforo para medio cento de persoas sentadas en cadeiras.
martes, 5 xan 2021
O alcalde achegouse esta mañá á avenida Castelao para recibir a súas Maxestades de Oriente que saudarán aos pequenos de Vigo ata ás 20,00 h. Nunha Cabalgata estática de oito horas con seguridade covid “1.000 x 100” na que participará un operativo de 500 persoas.
luns, 4 xan 2021
O Concello de Vigo xa ten en marcha o operativo especial para a organización da Cabalgata dos Reis Magos 2021, que este ano será estática e coa premisa de seguridade “covid” 1.000x100. Abel Caballero informou este luns do plan de tráfico que se desenvolverá na Avenida de Castelao.
martes, 29 dec 2020
Abel Caballero informou de que se habilita unha plataforma para lograr unha cita previa e poder ver en directo a Cabalgata que se celebrará o vindeiro martes, 5 de xaneiro, na Avenida de Castelao, entre a Praza de América e a rotonda do barco Alfageme.
mércores, 23 dec 2020
O alcalde anunciou este mércores o recital, que comezará ás 20 horas e terá un aforo dunhas 300 persoas, con acceso gratuíto. O evento terá protocolo Covid, con distancias e butacas, e será emitido por streaming.
luns, 14 dec 2020
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a contratación do servizo de deseño e produción das carrozas escenario municipais da cabalgata estática de 2021 que se celebrará na Avenida de Castelao.
luns, 7 dec 2020
Abel Caballero referiuse este luns ao “bo comportamento” da cidade durante a primeira fin de semana de acendido da iluminación de Nadal e explicou que xa están traballando os 25 controladores Covid contratados polo Concello para supervisar o respecto da normativa de seguridade Covid.
mércores, 2 dec 2020
O alcalde prende a iluminación navideña ás 20 horas desta tarde dende a árbore de Policarpo Sanz, nun acto con aforo limitado a cen persoas e con seguridade Covid. O Concello ilumina 350 rúas, tanto no centro coma nos barrios, cun total de 10 millóns de luces led que abren o Nadal “da seguridade Covid e da ilusión”.